Dez provincias españolas, en alerta pola calor extrema no país
Dez provincias españolas, en alerta pola calor extrema no país
Este sábado moitos lugares do país superarán os 40 graos de temperatura
Os expertos aconsella evitar a exposición solar nas horas centrais do día e beber moita auga
A calor extrema repunta e xa son dez as provincias españolas que permanecen en alerta. Tres delas superan os 40 graos e algunhas zonas suman a calima que chega de África.
As altas temperaturas seguen afogando medio país nun verán anticipado que continuará ata o domingo. A calor extrema intensifícase por mor da masa de aire africano, moi cálida e seca, que afecta a Península e as illas Baleares.
Este sábado será o día máis caloroso en todo o país. Os termómetros superarán os 40 graos nalgunas zonas de Andalucía, Estremadura, Castela-A Mancha ou Castela e León.
En Madrid os turistas veñen preparados e os galegos seica o levan mellor. A peor parte lévana os que traballan baixo a presión duns termómetros extremos.
As recomendacións básicas pasan por evitar a exposición solar nas horas centrais do día e beber moita auga para manter a hidratación do corpo.