Publicador de contidos
Publicador de contidos

Devon Dotson: “Creo que estou preparado para este desafío”

Devon Dotson: “Creo que estou preparado para este desafío”

Raúl López non escondeu a delicada situación que atravesa o seu equipo, inmerso na zona de descenso a LEB Ouro

G24.gal 20/03/2024 12:53 Última actualización 20/03/2024 15:20

 O base estadounidense Devon Dotson afirmou este mércores que a súa fichaxe polo Obradoiro é “unha grande oportunidade” para mostrar o seu nivel nunha das ligas “máis duras” do mundo.

“Estou moi contento de estar aquí. Será a miña primeira experiencia en Europa, espero aproveitar esta oportunidade. Vou dar todo para axudar ao equipo. Sei que non será fácil, pero creo que estou preparado para este desafío”, declarou en conferencia de prensa.

Ao novo xogador obradoirista, que debutará este sábado no derbi galego contra o Breogán, apaixónanlle os retos.

“Sempre xoguei baixo presión, estiven na universidade de Kansas, onde cada noite xogaba ante 30.000 persoas. Gústanme os retos e esta situación creo que me vai ben. Na ACB atopareime con algunhas regras novas, como os 3 segundos defensivos que aquí non hai, e con defensas máis físicas que no meu país”, explicou.

O xogador, de 188 centímetros de altura e 24 anos, desenvolveu toda a súa carreira nos Estados Unidos, onde xogou tres tempadas na NBA con Washington Wizards e Chicago Bulls.

Pola súa banda, o presidente do Obradoiro, Raúl López, non escondeu a delicada situación que atravesa o seu equipo, inmerso na zona de descenso a LEB Oro, pero ao mesmo tempo mostrou a súa plena confianza nos xogadores.

Asegurou que Devon foi “a primeira opción” para reforzar o posto de base durante a última parada da liga Endesa, no que acabou chegando o letón Janis Strelnieks, pero entón o xogador decidiu esperar pola posibilidade de asinar un contrato temporal na NBA.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos