Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidos tres mozos por intento de homicidio nunha pelexa nas rúas de Cangas

Detidos tres mozos por intento de homicidio nunha pelexa nas rúas de Cangas

Ao agredido cumpriulle cirurxía e estivo dez días ingresado no hospital

Canda outros tres mozos identificados protagonizaron varias leas en locais de copas esa mesma noite 

G24.gal 13/04/2022 16:43 Última actualización 14:00 14/04/22

Seis persoas foron identificadas como supostos autores da malleira a un mozo de Bueu de 29 anos nunha pelexa na rúa en Cangas a noite do pasado 6 de marzo.

A Garda Civil detivo tres deles, un haitiano e dous residentes en Moaña, todos de 20 anos, acusados dun presunto delito de tentativa de homicidio e lesións.

O grupo, liderado polos detidos segundo a Garda Civil, protagonizou esa mesma noite outras cinco pelexas polas que se lles imputan cinco delitos de lesións.

Tamén están sendo investigados por un delito de lesións tres mozos máis, de idades entre os 18 e os 32 anos, veciños de Vigo, Cangas e Moaña.

Varias das vítimas tiveron que ser atendidas en diferentes centros sanitarios dos golpes recibidos. Un mozo de 29 anos recibiu varias patadas na cabeza e estivo ingresado nun hospital de Vigo durante dez días, onde precisou cirurxía por nove fracturas. 

O caso está nas mans do Xulgado de Instrución número 2 de Cangas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos