Cargando resultados...
Detidos tres familiares dunha alumna por agrediren un mestre en Cidade Real
Tamén se investigan dúas persoas máis por un posible delito de revelación de segredos

G24.gal
08/03/2023 21:12
Última actualización 08/03/2023 21:17
A Garda Civil detivo tres personas tras a presunta agresión a un docente nun instituto de Cidade Real. Os familiares dunha alumna, o pai e dous irmáns, están acusados dun delito de atentado contra a autoridade.
Tamén se investigan dúas persoas máis por un posible delito de revelación de segredos, en relación a un vídeo que circulaba polas redes sociais protagonizado polo profesor e a estudante menor de idade.