Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidos os presuntos responsables de roubos en 38 residencias da terceira idade

Detidos os presuntos responsables de roubos en 38 residencias da terceira idade

Son dous romaneses que asaltaban a caixa forte dos centros e collían as xoias dos internos para fundilas e facer lingotes

A investigación iniciouna a Garda Civil de Lugo tras tres roubos en Quiroga, Guntín e O Valadouro

Estiman que a suma do roubado por toda España é duns 200.000 euros 

Entraban pola noite mentres os residentes e o persoal durmían
G24.gal 11/10/2022 14:43 Última actualización 11/10/2022 16:23

Unha investigación iniciada a consecuencia de varios roubos en residencias da terceira idade da provincia de Lugo en novembro do ano pasado levou á detención en Madrid de dous cidadáns romaneses. A Garda Civil acúsaos de asaltar ata 38 residencias en toda España e xa se decretou o seu ingreso en prisión. 

Os roubos nas residencias de Quiroga, Guntín e Ferreira do Valadouro son os que deron a primeira alerta para abrir a investigación. Segundo o seguimento que se lles fixo a instancias da Garda Civil de Lugo e do xulgado de Monforte, repetiron o seu modus operandi por toda España. 
Buscaban residencias que estiveran en poboacións pequenas, estudaban ben as instalacións para saber onde estaba a caixa forte onde se gardan os obxectos de valor dos residentes, que adoita ser nos despachos da dirección, e logo entraban de noite, despois de provocar un corte de luz na iluminación da zona. 

Comisáronlles máis de 24.000 euros, ademais de aparellos informáticos, inhibidores de frecuencia e cinco vehículos. Os dous homes detidos, de 33 e 42 anos, xa estaban en busca e captura en Romanía e Alemaña. En España a Garda Civil atribúelles polo menos 38 delitos de roubo en residencias no último ano e estima o botín acadado nuns 200.000 euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade