Detidos en Cataluña 18 narcotraficantes vencellados ao crime organizado italiano
Os Mossos d'Esquadra desmantelaron seis plantacións de marihuana, cunhas 4.000 plantas e un laboratorio de produción de haxix
O operativo policial efectuou 21 rexistros en diversos domicilios e naves industriais
E na área metropolitana de Barcelona, os Mossos d'Esquadra detiveron 18 persoas. Son presuntos narcotraficantes vencellados ao crime organizado italiano.
Dedicábanse ao tráfico nacional e internacional de marihuana e haxix. O operativo policial efectuou 21 rexistros en diversos domicilios e naves industriais de Barcelona, Terrassa, Ripollet ou Badalona, entre outros lugares.
Foron desmanteladas seis plantacións de marihuana, cunhas 4.000 plantas e un laboratorio de produción de haxix. Tamén se requisaron 31 quilos desa droga e 53.000 euros en efectivo.
Durante a investigación, os Mossos interviñeron ademais un cargamento cuns 400 quilos de haxix, que chegara a Cataluña oculto en tractores procedentes de Marrocos.
