Cargando resultados...
Detidos dous mozos por acoitelar outro na zona vella de Ourense
A Policía Nacional interceptou os dous presuntos autores do homicidio en grao de tentativa cando trataban de fuxir da cidade

G24.gal
28/04/2022 12:50
Un dos mozos detidos, de 19 anos, ingresesou en prisión e outro, de 21 anos, quedou en liberdade despois de prestar declaración diante do xuíz.
Foron interceptados pola policía cando intentaban fuxir de Ourense. Buscábanos desde hai un mes como presuntos responsables dun acoitelamento que tivo lugar de madrugada na praza do Ferro da cidade.
Ao parecer un deulle a navalla ao outro, que lle asestou á vítima tres puñaladas. O mozo, tamén de 21 anos tiña feridas de gravidade nun costado e no abdome e sangraba abundantemente. Levárono ao hospital, onde tivo que ser operado de urxencia.