Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home por tentar afogar unha muller nunha fonte dun parque de Valencia

Detido un home por tentar afogar unha muller nunha fonte dun parque de Valencia

O detido díxolle á policía que a muller era cómplice doutro home que lle roubou o seu móbil

G24.gal 10/08/2022 20:50 Última actualización 10/08/2022 21:22

 A Policía Nacional detivo un home que intentou afogar unha muller, á que supostamente coñecía, nunha fonte dun parque de Valencia.

Algúns viandantes gravaron o momento en que o home lle metía a cabeza á muller repetidas veces dentro da auga.

Mesmo algún tentou por todos os medios que o home a soltase, o que finalmente conseguiron.

Segundo a policía, o detido manifestou que a muller era cómplice doutro home que lle roubou o móbil tras ofrecerse a facerlles unha foto dentro da fonte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade