Cargando resultados...
Detido un home por acosar e agredir sexualmente a unha muller en Monforte de Lemos
G24.gal
31/03/2026 20:42
Un home foi detido e posto a disposición xudicial este martes por supostamente acosar e agredir sexualmente a unha muller en Monforte de Lemos.
Segundo a Policía Nacional, a muller presentou unha denuncia o pasado domingo, por unha agresión sexual.
A denunciante relatou que o home lle tocou os peitos e acosouna pola rúa e telefonicamente.
O presunto agresor foi detido e pasou este martes á disposición xudicial, quedando finalmente en liberdade.