Cargando resultados...
Deteñen un home en Ribeira acusado de bater na muller cunha muleta e agarrala polos pelos
Foi un veciño quen alertou o 112 do que estaba ocorrendo

G24.gal
25/03/2024 09:47
A policía local de Ribeira detivo este domingo un home de 57 anos como presunto autor dun delito de violencia de xénero.
Foi un veciño do edificio quen alertou ao 112 do que estaba acontecendo tras intentar mediar entre a parella.
A muller e a súa filla confirmaron que o detido a agrediu cunha muleta repetidamente, agarrouna polos pelos e insultouna gravemente.
A agredida rexeitou asistencia médica, pero expresou a súa intención de denunciar os feitos.