Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home en Ribeira acusado de acoitelar o pai e deixalo ferido grave

Detido un home en Ribeira acusado de acoitelar o pai e deixalo ferido grave

A vítima permanece ingresada no Hospital Universitario de Santiago en estado crítico

A agresión comezou no domicilio familiar, na parroquia de Carreira, e rematou na rúa

G24.gal 01/11/2025 15:49 Última actualización 02/11/2025 08:55

Un home permanece detido na comisaría da Policía Nacional de Ribeira acusado de acoitelar o seu pai en varias partes do corpo e deixalo ferido de gravidade.

Ocorreu pasadas as 14:30 horas no lugar de Vixán, na parroquia de Carreira. Segundo fontes próximas ao caso, a agresión comezou dentro da casa familiar e rematou en plena rúa.

Ao parecer, pai e fillo estaban rifando por mor dun asunto de hai anos. A policía arrestou o mozo nas inmediacións do lugar dos feitos.

En estado crítico

A vítima, que perdeu moito sangue, foi trasladada nun primeiro momento ao hospital comarcal do Barbanza en ambulancia e despois ao Clínico de Santiago, onde permanece en estado crítico.

Axentes da Científica estiveron recollendo probas durante toda a tarde para tentar esclarecer as circunstancias do suceso. No operativo participaron tamén axentes da Policía Local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade