Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido por agredir e ameazar a súa parella cunha machada en Pontevedra

Detido por agredir e ameazar a súa parella cunha machada en Pontevedra

Segundo a vítima, non era a primeira vez pero non denunciou "por medo"

Sede da Policía Local de Pontevedra nunha imaxe de arquivo Sede da Policía Local de Pontevedra nunha imaxe de arquivo
G24.gal 17/01/2026 12:56 Última actualización 17/01/2026 13:30

A Policía Local de Pontevedra detivo un home por un suposto delito de violencia de xénero, tras agredir e ameazar a súa parella cun machada.

Segundo informa o Concello de Pontevedra, os feitos ocorreron o pasado 13 de xaneiro sobre as 14:15 horas, cando os axentes recibiron o aviso dun veciño que alertaba da presenza dunha muller na rúa pedindo auxilio.

Dúas patrullas desprazáronse ata a vivenda, onde se entrevistaron coa vítima. De acordo co seu testemuño, a parella iniciara unha discusión por unha conversa de WhatsApp.

Os feitos tornáronse " violentos" cando o home supostamente empuxouna, arrebatoulle o teléfono móbil e ameazouna cunha machada. A muller entón fuxiu do domicilio.

A vítima dixo que non era a primeira vez que se producían feitos similares, pero non se atrevera a denuncialos "por medo".

Os axentes localizaron o home no interior da vivenda nun estado de "visible alteración". Admitiu que mantera unha discusión e confesou que tamén ameazara o irmán ao consideralo implicado nas mensaxes de WhatsApp.

Finalmente, o home foi detido e trasladado ás dependencias policiais para pasar a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade