Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home en Pontevedra como presunto autor dun delito de violencia de xénero

Detido un home en Pontevedra como presunto autor dun delito de violencia de xénero

Unha muller chamou á central de emerxencias do 112 para alertar de que fora agredida pola súa parella e que sangraba pola cara

G24.gal 23/05/2026 11:52

A Policía Local de Pontevedra detivo un home como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir á súa parella na rúa.

Segundo información do Concello, os feitos sucederon sobre as 05.00 horas do pasado 16 de maio e foi o servizo de emerxencias 112 o que deu a voz de alarma.

Unha muller chamou á central de emerxencias para alertar de que fora agredida pola súa parella e que sangraba pola cara. Ademais, durante a chamada, o operador escoitou a un home gritando de fondo.

Unha vez no lugar, os axentes atoparon á parella discutindo e comprobaron que a muller tiña feridas na cara. A vítima explicou que a súa parella a insultou, agarrouna da cabeza e magooulle a cara contra un portal.

Os axentes da policía local procederon a deter o home como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade