As primeiras hipóteses descartan que o home tirase a súa parella polo balcón no Carballiño
"Parece que houbo unha discusión previa e despois ela precipitouse", detallou o subdelegado do Goberno
A muller segue ingresada, pero non se teme pola súa vida, e está pendente de prestar declaración
O home, que foi detido na madrugada do martes, quedou en liberdade sen medidas pero continúa formalmente investigado
O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, afirmou que as primeiras investigacións "descartan" que o home tirase a súa parella polo balcón dun terceiro piso no Carballiño.
"Parece que houbo unha discusión previa e despois ela precipitouse", detallou Santos. A muller segue ingresada, pero non se teme pola súa vida. Segundo fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ainda non prestou declaración.
O home, que foi detido na madrugada do martes, foi posto en liberdade sen medidas. Malia que non existen indicios de criminalidade, a causa segue aberta e continúa formalmente investigado.
Os feitos sucederon na madrugada do martes e o home pasará á disposición xudicial este mércores na sección de Violencia sobre a Muller do Tribunal de Instancia de Ourense.