Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home en Cádiz acusado de matar a súa exparella de 37 anos

Detido un home en Cádiz acusado de matar a súa exparella de 37 anos

A muller deixa tres fillos de 16, 8 e 7 anos

G24.gal 07/11/2021 13:07

En Cádiz, detiveron un home acusado de matar esta madrugada a súa exparella. A muller tiña 37 anos e deixa tres fillos, de 16, 8 e 7 anos. Foi atopada no seu domicilio do municipio de San Roque con feridas de arma branca.

O seu asasino chamou a Garda Civil e confesou o crime, ameazando con tirarse ao baleiro. Tras a chamada foi detido pola Garda Civil. O Concello decretou tres días de loito oficial e unha concentración para esta tarde en repulsa polo asasinato machista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade