Cargando resultados...
Detido un home acusado de acoitelar a súa parella en Pinto
A muller, de 41 anos, está ingresada en estado grave
Ten feridas de arma branca no tórax e no abdome
G24.gal
12/06/2022 21:28
Unha muller de 41 anos permanece ingresada en estado grave na localidade madrileña de Pinto tras recibir varias coiteladas. O presunto autor é a súa parella, un home de 43, que está detido.
O suceso ocorreu contra a unha da tarde, cando os servizos de emerxencia recibiron unha chamada de aviso. Cando acudiron ao lugar, encontraron a muller na escaleira, con feridas de arma branca no abdome e no tórax.
Os sanitarios do Summa lograron estabilizala antes de evacuala ao hospital Doce de Octubre.