Cargando resultados...
Detido un condutor ebrio que atropelou un traballador mentres pintaba unha estrada en Santiago
O home deu positivo na primeira proba de alcoholemia e negouse a facer a segunda

G24.gal
26/08/2024 17:27
A Policía Local de Santiago detivo de madrugada un condutor ebrio despois de atropelar un traballador, que quedou ferido de consideración, mentres realizaba labores de pintado na estrada en Galeras. Os feitos, segundo consta no parte de incidencias do Concello, ocorreron sobre a 01:30 da madrugada.
O home foi detido polos delitos de lesións por imprudencia grave, conducir baixo a influencia do alcol e por negarse a realizar o test de alcoholemia. E é que, segundo relatan fontes municipais, o condutor realizou a primeira proba pero negouse á segunda.