Detido por degolar a súa exparella en Sevilla nun posible novo caso de violencia machista
Detido por degolar a súa exparella en Sevilla nun posible novo caso de violencia machista
![Vivenda onde se rexistrou o asasinato da muller na rúa Niña la Alfalfa en Sevilla](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230903/Sevillacrimemachistavoiolencia.png)
A Policía Nacional detivo en Sevilla un home como presunto autor do asasinato dunha muller que, ao parecer, era a súa exparella e á que supostamente degolou cunha arma branca.
Os axentes arrestaron o home, do que non transcendeu a identidade, cando estaba a preparar unha corda, ao parecer, con tendencias suicidas.
O agresor e a vítima, de 46 anos, mantiveran unha relación sentimental pero actualmente xa non, polo que podería tratarse dun caso de violencia de xénero que, de confirmarse, sería o 14 deste ano en Andalucía e o terceiro en Sevilla. No conxunto de España as mulleres vítimas desta lacra en 2023 serían 41.
A Policía Nacional permanece no lugar dos feitos á espera do levantamento do cadáver. As mesmas fontes precisaron que a vítima non estaba no Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero, Viogén.