Cargando resultados...
Detido por cinco roubos en locais de Arteixo cun botín de máis de 8.000 euros
O arresto produciuse despois da denuncia dun negocio de lambetadas

G24.gal
19/08/2023 12:55
A Garda Civil detivo un veciño de Arteixo como suposto autor de catro roubos e un furto en locais comerciais e de ocio de Arteixo, valorados en 8.061,4 euros.
A investigación empezou por unha denuncia nun establecemento de lambetadas, do que roubaron 250 euros en metálico cando estaba pechado e provocaron danos por 169,4 euros.
Durante as pescudas producíronse varios feitos similares, que levaron á Garda Civil a pensar que o autor era o mesmo.
Finalmente, foi detido un home, residente no municipio de Arteixo e con antecedentes previos por distintos feitos semellantes.