Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Detido por ameazar cun machete a súa parella en Barreiros, onde se descobre un arsenal ilegal
Ademais, está acusado de tenencia ilícita de armas e depósito de armamento
            
                            G24.gal
                        
                            26/07/2023 14:03
                        
                        
                        
                        
                    
                    A Garda Civil detivo un veciño de Barreiros, en Lugo, de 46 anos, como presunto autor dun delito de violencia machista ao ameazar a súa parella cun machete de grandes dimensións.
Ademais, está acusado de tenencia ilícita de armas e depósito de armamento ao descubrir que tiña 13 armas longas de diferentes calibres, algunhas coa marca e modelo borrados. De feito, investígase se estas escopetas poden estar implicadas noutros delitos.
Segundo informa este corpo nun comunicado, a vítima, de 34 anos, tivo que ocultarse na mañá do pasado martes na vivenda que compartía coa súa parella despois de ser ameazada de morte cun machete.
A persoa detida pasou a disposición xudicial.