Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido o suposto autor do acoitelamento dun mozo na zona do Orzán

Detido o suposto autor do acoitelamento dun mozo na zona do Orzán

A vítima continúa na UCI tras pasar polo quirófano

G24.gal 16/01/2022 16:24

A Policía Nacional patrullaba a primeira hora na zona de movida nocturna do Orzán, no concello da Coruña. A agresión produciuse neste barrio de madrugada, cando os pubs xa pecharan pero aínda quedaba xente na rúa.

Ao parecer, un encontrón verbal entre dous grupos desencadeou o ataque. A vítima chegou ao hospital en estado crítico e, despois de pasar por quirófano, quedou ingresada na unidade de coidados intensivos.

Para a veciñanza non é unha sorpresa. Levan anos queixándose do ruído, que lles impide durmir polas noites. Nos últimos tempos, xa antes do confinamento e desde a reapertura do ocio nocturno, tamén alertan das continuas pelexas ás portas dos locais. 

A Policía tardou menos de vinte e catro horas en deter o agresor, un home cun amplo historial delituoso que xa estivera anteriormente en prisión. O Xulgado Número Catro da Coruña instrúe o caso baixo segredo de sumario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade