Cargando resultados...
Detido o condutor dun camión que se estrelou preto da Casa Branca
Segundo as autoridades, podería ter en mente impactar contra as barreiras de seguridade
Non houbo que lamentar feridos

G24.gal
23/05/2023 10:08
O Servizo Secreto dos Estados Unidos detivo este luns pola noite o condutor dun camión que se estrelou preto da Casa Branca. Segundo as autoridades, o detido podería ter en mente impactar de xeito intencionado contra as barreiras de seguridade.
As autoridades cortaron varias rúas arredor da residencia do presidente estadounidense, Joe Biden, mentres continúa a investigación do suceso, aínda que xa avanzaron que non atoparon nada perigoso no vehículo.
A Casa Branca e a súa contorna están fortificadas impedindo o acceso a calquera persoa que non teña autorización para achegarse ao complexo.