Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido na Coruña un dos presuntos autores do acoitelamento un home no barrio das Flores

Detido na Coruña un dos presuntos autores do acoitelamento un home no barrio das Flores

A policía sorprendeu un dos supostos agresores cando roubaba no interior dun vehículo

A vítima foi ingresada no hospital universitario con prognóstico reservado por varias feridas de arma

G24.gal 25/05/2022 10:48 Última actualización 25/05/2022 14:29

Os feitos ocorreron o pasado luns, segundo confirmou a Policía Nacional. Ao parecer dous homes agrediron a outro cun arma branca pasada a unha da madrugada no barrio coruñés das Flores, unha zona onde os veciños denuncian moitos problemas de convivencia con toxicómanos. 

A vítima foi ingresada no hospital universitario por varias feridas e permanece no centro sanitario con prognóstico reservado.

Un dos supostos agresores foi sorprendido nas últimas horas roubando no interior dun vehículo. A Policía decatouse de que era unha das persoas identificadas no suceso da barrio das Flores e procedeu á súa detención.

Nestes momentos está á espera de pasar a disposición xudicial. A investigación continúa aberta a cargo da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta da Policía Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar