Cargando resultados...
Detido en Valencia un home acusado de matar o seu tío de 65 anos
O suposto agresor acoitelouno durante unha discusión familiar

G24.gal
21/05/2024 20:18
Un home de 39 anos foi detido por apuñalar ata a morte o seu tío, de 65.
A agresión con arma branca ocorreu ao redor das 17:15 horas por mor dunha discusión familiar.
O Grupo de Homicidios da Xefatura Superior de Policía Nacional da Comunidade Valenciana abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias do acoitelamento e indicou que o presunto autor, sobriño da vítima, foi detido e está baixo custodia policial.