Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido en Madrid un home como presunto autor de dous atracos a entidades bancarias

Detido en Madrid un home como presunto autor de dous atracos a entidades bancarias

Ameazaba os empregados con detonar unha bomba que dicía levar enriba e entregáballes unha nota escrita a man coas instrucións que debían seguir

G24.gal 23/05/2024 12:45

Axentes da Policía Nacional detiveron un home presuntamente relacionado con dous atracos a entidades bancarias perpetrados en Madrid.

Pata obter o botín, o atracador ameazaba os empregados con detonar unha bomba que dicía levar enriba e entregáballes unha nota escrita a man coas instrucións que debían seguir.

Esixía só billetes de 50 euros e ocultaba a cara baixo unha máscara.

O detido foi posto a disposición xudicial como presunto autor de dous delitos de roubo con intimidación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade