Cargando resultados...
Detido en Chantada un condutor que atropelou unha parella, fuxiu e deu positivo en alcol
Unha das vítimas, ferida de gravidade, foi ingresada no hospital de Monforte
Félix Aragunde
16/12/2021 13:41
Un veciño de Chantada presuntamente atropelou un matrimonio e marchou do lugar. O suceso produciuse cando a parella cruzaba por un paso de peóns que conecta dous tramos do paseo fluvial da vila.
Minutos despois, o condutor fuxido foi interceptado pola Policía Local. Ao practicárenlle a proba de alcolemia, deu resultado positivo. O detido, ao que poderían imputarlle varios delitos, xa pasou a disposición da xustiza.
Pola súa parte, ambas as dúas vítimas precisaron asistencia sanitaria. A máis grave, que perdera moito sangue, foi trasladada nunha ambulancia ao hospital comarcal de Monforte.