Detidas oito persoas en Ourense e O Carballiño por ciberestafa
A operación da Policía Nacional comezou hai máis dun ano
Os axentes constataron a implicación de polo menos 19 persoas
Oito persoas detidas en Ourense e O Carballiño por utilizar páxinas web de citas para obter os datos de posibles clientes aos que ameazaban. Ademais, esixíanlles o pagamento de distintas cantidades por encontros sexuais que non chegaban a concertarse.
A operación da Policía Nacional, bautizada como Aurora, comezou hai máis dun ano. Durante este tempo contabilizaron 28 vítimas en distintos puntos de España, dos que a rede obtería en total 71.600 euros.
As cantidades reclamadas, baixo ameazas de morte, ían dende os 100 ata os 36.000 euros.
Das oito persoas, tres ingresaron xa en prisión. Están acusados dos delitos de ameazas, pertenza a grupo criminal e branqueo de capitais.
A operación segue aberta e non se descartan novas detencións. Os axentes constataron a implicación de polo menos 19 persoas.