Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidas 5 persoas dun clan familiar de Lugo dedicado ao tráfico de droga

Detidas 5 persoas dun clan familiar de Lugo dedicado ao tráfico de droga

Os arrestados teñen entre 25 e 45 anos e contan con antecedentes policiais

Amais dos narcopisos utilizaban drogodependentes para repartir a mercadoría polos barrios de Lugo

G24.gal 13/01/2023 13:52

Nunha operación antidroga en Lugo, a Policía Nacional detivo 5 persoas dun clan familiar dedicado ao tráfico de estupefacientes en distintos barrios da cidade.

Os arrestados teñen entre 25 e 45 anos e contan con antecedentes policiais. Nunha infravivenda ocupada das Gándaras manipulaban a droga, que mesmo chegaban a agochar en zonas de monte dos arredores.

O clan tamén empregaba un narcopiso no barrio da Milagrosa para levar a cabo as vendas. Os axentes comprobaron que utilizaban persoas drogodependentes para repartir a mercadoría entre os consumidores a cambio dunha dose, evitando así ser interceptados coa droga enriba.

Os detidos xa foron postos a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade