Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida unha banda que roubaba bancos en León e Asturias tras atar con bridas os empregados

Detida unha banda que roubaba bancos en León e Asturias tras atar con bridas os empregados

Os delincuentes realizaran nove atracos e caeron polas semellanzas na comisión de todos os delitos

Destacaban polo sangue frío e por atar as vítimas cunha pericia singular

G24.gal 21/05/2022 19:58 Última actualización 21/05/2022 20:19

A Policía Nacional levaba tres anos investigando o grupo delitivo, que sumaba case 746.000 euros en nove atracos. Este é o momento en que os GEO entran no domicilio do líder da banda, integrada por tres membros.

En varios agochos escondían un botín que resume só en parte o conseguido desde que asaltaron un comercio en 2016. A partir de aí optaran por atracos máis lucrativos, os de entidades bancarias, e a policía descubriu unhas constantes en todos eles:

"Tiñan en común o mesmo modus operandi, vestimenta semellante dos seus autores, así como trazos físicos coincidentes", especifica Ana Ramón, voceira da Policía Nacional.

Os asaltos realizados en León e Asturias presentaban outras coincidencias. Adoitaban entrar nos bancos a primeira hora, cando accedían ás entidades os primeiros empregados ou ben persoal de limpeza.

 "Unha vez no interior detiñan ou amarraban as vítimas con bridas, dicíanlles que se despoxaran das súas roupas de abrigo e dos seus bolsos e xeralmente colocábanos de xeonllos. Ao mesmo tempo, outro dos autores o que facía era acompañar o director ou empregado en cuestión á caixa forte para coller os cartos", explica Ana Ramón.

A Policía Nacional salienta que a banda adquirira un alto grao de experiencia co paso do tempo. Chamaba a atención a capacidade de control dos atracadores na comisión dos delitos e a destreza á hora de colocarlles as bridas ás vítimas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade