Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un veciño de Ames con distintas armas na súa casa

Deteñen un veciño de Ames con distintas armas na súa casa

A Garda Civil instrúe dilixencias como suposto autor dun delito de posesión ilícita de armas e de atentado contra a autoridade tras agredir a persoal sanitario

G24.gal 13/08/2022 15:11 Última actualización 13/08/2022 15:22

O grupo de Seguridade Cidadá (USECIC) da Coruña detivo un veciño de Ames como suposto autor dun delito de tenza ilícita de armas. Os feitos sucederon o 29 de xullo cando desde os servizos sanitarios do 061 interpuxeron unha denuncia ante a Garda Civil, xa que tras acudir á vivenda do detido sufriron unha agresión con arma branca, e observaron una escopeta no interior.

O detido xa estaba baixo vixilancia da Garda Civil. Tras lograr o permiso xudicial, a Garda Civil rexistrou a casa, onde aprehendeu diverso material, entre o que había dúas escopetas, dúas armas curtas de fogo, un silenciador de armas e 575 cartuchos de distinto calibre.

Os axentes puxérono a disposición xudicial coas dilixencias instruídas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade