Cargando resultados...
Deteñen un home buscado por violencia machista, que conducía sen carné e deu positivo en droga
Trátase dun un veciño de 26 anos de Caldas Reis
Deu positivo en cocaína, THC, anfetaminas e metanfetaminas

27/07/2022 14:12
A Policía Nacional de Vilagarcía detivo un veciño de 26 anos de Caldas Reis que estaba a ser buscado por un delito de violencia de xénero.
O seu historial delituoso non quedou aí, xa que o home, que circulaba ao voante dun Seat Ibiza cando foi interceptado polos axentes, carecía de permiso de conducir porque perdera todos os puntos e non tiña seguro do vehículo.
Ademais, tras practicarlle as correspondentes probas, deu positivo en cocaína, THC, anfetaminas e metanfetaminas.