Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un fuxitivo en Poio despois dunha persecución nun centro comercial

Deteñen un fuxitivo en Poio despois dunha persecución nun centro comercial

O home está condenado por lesións graves e ten orde de ingreso en prisión

Durmía nun túnel próximo á ponte da Barca e tentou fuxir cando a policía foi identificalo

G24.gal 20/01/2023 13:17

Todo comezou nun túnel en que o detido, un home de Muxía de 45 anos, durmía nunha tenda de campaña. Un veciño alertou a Policía Local asegurando que lle impedía o paso. Cando os axentes se achegaron a identificalo, primeiro negouse e despois mentiu.

Ante as dúbidas, os axentes decidiron levar o home á comisaría. Foi entón cando escapou cara ao interior do centro comercial A Barca, situado a poucos metros.

Durante a persecución, o fuxitivo puxo unha tesoira no pescozo e ameazou con autolesionarse, pero finalmente os policías lograron interceptalo á altura da ponte da Barca. Nese momento confesou que tiña pendente a súa entrada en prisión para o 6 de xaneiro.

Ademais dunha condena firme por lesións graves, o prófugo tiña antecedentes por violencia de xénero e tráfico de drogas. Esta tarde pasa a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar