Cargando resultados...
Carmen Calvo visita o Consello Consultivo de Galicia
A presidenta do Consello de Estado está realizando unha rolda de visitas aos distintos órganos consultivos existentes nas comunidades autónomas
G24.gal
13/05/2025 14:35
A presidenta do Consello de Estado, Carmen Calvo, visitou esta mañá a sede do Consello Consultivo de Galicia, onde se reuniu co seu presidente, Andrés Lago Louro, e cos conselleiros e conselleiras.
Calvo está realizando unha rolda de visitas aos distintos órganos consultivos existentes nas comunidades autónomas para, dixo, compartir, escoitar, e ver. Tamén para reforzar a colaboración entre as institucións.