Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un dos líderes dos Ultras Sur polos disturbios que o grupo provocou en Vigo

Deteñen un dos líderes dos Ultras Sur polos disturbios que o grupo provocou en Vigo

O arrestado está acusado de diferentes delitos de lesións, un deles agravado, e danos intencionados nun establecemento de hostalería

G24.gal 23/05/2022 12:44 Última actualización 23/05/2022 13:54

Axentes da Policía Nacional detiveron a Antonio Menéndez, alias Niño Skin un dos líderes máis destacados de Ultras Sur, grupo de extrema dereita de afeccionados do Real Madrid, pola súa presunta participación en diferentes delitos de lesións, un deles agravado, e danos intencionados nun establecemento de hostalería.

Os feitos tiveron lugar o pasado día 2 de abril na cidade de Vigo nos momentos previos ao encontro de fútbol, entre o Celta de Vigo e o Real Madrid.

Segundo informa a Dirección Xeral da Policía Nacional, o arrestado entregouse o venres pasado nunha comisaría de Madrid ao saber que estaba sendo buscado. Fontes policiais indican que Antonio Menédez é un perigoso neonazi con antecedentes por tráfico de drogas e anabolizantes.

A súa última detención fora en agosto pasado no marco dunha operación antidroga, acusado de formar parte dunha rede que se abastecía dunha organización en América do Sur para introducir cocaína en España,

Segundo as investigacións realizadas, os axentes constataron que un grupo de radicais -de aproximadamente 120 persoas- se trasladou desde Madrid ata a cidade de Vigo co obxectivo de enfrontarse a seguidores celtistas antes da celebración do partido.

Para iso utilizaron vehículos particulares e de alugueiro e, tras agruparse nos arredores do Estadio de Balaídos, dirixíronse a dous locais de hostalería frecuentados por afeccionados celtistas.

Unha vez no lugar, un grupo composto por cinco agresores romperon o cristal da porta de entrada dun destes locais para, acto seguido, agredir dous clientes con puñadas e patadas.

A posterior investigación determinou que o detido, ademais de participar nesa agresión, sería o responsable de golpear un dos afeccionados cunha botella de vidro na cabeza, provocándolle lesións graves por necesitounas sanitaria. 

Segundo as crónicas daquel día, dúas das vítimas da agresión provocada polos Ultras Sur tiveron que ser atendidos no PAC do Sergas da rúa Florida, onde un deles recibiu oito puntos de sutura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade