Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen tres veciños de Noia como presuntos autores de oito delitos de roubo

Deteñen tres veciños de Noia como presuntos autores de oito delitos de roubo

As forzas de seguridade realizaron os rexistros de tres domicilios da localidade e atoparon parte do material roubado

G24.gal 03/01/2023 14:19

As forzas de seguridade desenvolveron varias actuacións de vixilancia dentro da segunda fase da operación Letimovil. Grazas a elas lograron sorprender unha das persoas da banda cando estaba a roubar nun salón de peiteado de Noia. 

 "A inmediatez coa que se actúa nese momento dá lugar a que se poida deter na allada unha das compoñentes do grupo, unha muller", conta Diego Rico, xefe do Equipo de Policía Xudicial de Noia.

A súa detención, xunto á información que recolleron durante as investigacións, permitiu realizar os tres arrestos.

"Tiñamos 22 roubos que se cometeron neste último mes. Podemos relacionalos plenamente con oito deles e estamos intentando ver en cantos máis podemos demostrar a súa implicación nos roubos que se cometeron".

Tras a detención dos supostos autores dos roubos, as forzas de seguridade realizaron os rexistros de tres domicilios da localidade. Alí atoparon parte do material roubado e unha importante cantidade de diñeiro. Agora, tras esta operación, mandan unha mensaxe de tranquilidade á poboación.

 "Cremos que con estas detencións é posible que paren un pouco os roubos".

Os detidos pasaron a disposición xudicial e un deles ingresou en prisión. Na primeira fase da operación xa arrestaran seis persoas como presuntas autoras dun total de 21 delitos de roubo na Barbanza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade