Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen tres homes na Coruña por ameazar de morte a outro cunha pistola simulada

Deteñen tres homes na Coruña por ameazar de morte a outro cunha pistola simulada

A policía investiga unha suposta débeda como a orixe do suceso

G24.gal 14/01/2023 12:56

A Policía Nacional detivo tres homes na Coruña acusados de ameazar de morte a outro utilizando para iso unha arma de fogo simulada.

Un dos detidos e a vítima coñecíanse con anterioridade, xa que vivían xuntos nun piso da cidade alugado por cuartos.

Na mañá do 24 de decembro, o home solicitoulle ao seu compañeiro de piso a devolución dunha cantidade de diñeiro que lle prestara e ameazou con agredilo se non llo daba nese momento.

Co obxectivo de conseguir o diñeiro para saldar a débeda, a vítima accedeu a subir nun vehículo con este home e con outros dous homes que tamén o intimidaron.

De camiño, e no interior do coche, o primeiro home sacou unha pistola e golpeouno coa culata na cabeza, ameazándoo de morte.

A pistola non era unha arma de fogo real, apunta a Policía, senón unha réplica, das utilizadas na actividade denominada airsoft, aínda que con capacidade de intimidación pola súa semellanza ás auténticas.

Nun momento dado, a vítima e o portador da pistola saen do vehículo e o segundo rexístrao violentamente en busca de diñeiro, momento que a vítima aproveita para zafarse do autor dos feitos e resgardarse nun bar próximo, desde onde chama a Policía.

Os tres detidos xa foron postos a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar