Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un home de 55 anos na Estrada por violar unha amiga

Deteñen un home de 55 anos na Estrada por violar unha amiga

O xulgado decretou a súa liberdade provisoria con cargos á espera de xuízo

G24.gal 25/08/2023 14:21

Un home de 55 anos, veciño da localidade pontevedresa de Meis, foi detido pola Garda Civil por violar unha amiga na Estrada, á que lle roubou o seu teléfono móbil.

O detido, segundo informan fontes oficiais da Garda Civil, está investigado como presunto autor dun delito de agresión sexual e doutro delito leve de furto.

O xulgado de garda da Estrada, tras o paso a disposición xudicial do agresor, decretou a súa liberdade provisoria con cargos, á espera de xuízo.

Foi a vítima a que presentou denuncia ante a Garda Civil, o pasado 16 de agosto, explicando que o día anterior sufrira unha agresión sexual no seu domicilio da Estrada.

Aproveitando que estaban os dous sós no domicilio da vítima, o agresor, que pertencía ao círculo de amizades da muller, aproveitou a situación para tirala encima da cama e violala.

Tras cometer a agresión sexual, o home abandonou o domicilio levando un teléfono móbil propiedade da vítima.

As vítimas da violencia machista e a súa contorna poden pedir axuda en distintos recursos activos todos os días da semana e as 24 horas do día: o teléfono 016, o correo electrónico 016-online@igualdad.gob.es e a canle do WhatsApp no número 600 000 016.

Nunha situación de emerxencia pódese chamar ao 112 ou aos teléfonos de emerxencias da Policía Nacional (091) e da Garda Civil (062) e, se non é posible facer esa chamada, en caso de perigo existe tamén a opción de activar a aplicación ALERTCOPS, que envía un sinal de alerta á policía con xeolocalización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade