Deteñen en Tarragona un menor de 13 anos por agresión sexual a unha moza de 15
O menor asaltou a rapaza na madrugada do domingo e rouboulle o móbil
Non pode ser imputado por idade, pero a Policía puxo os feitos en coñecemento da Fiscalía de Menores

Os Mossos d'Esquadra detiveron un menor de 13 anos esta madrugada en Tarragona como suposto autor dunha agresión sexual a unha menor de 15 anos. Quedou a disposición dos seus pais sen medidas penais, dado que pola súa idade é inimputable.
A Policía tivo coñecemento dos feitos contra a unha e media da mañá, despois de que o menor asaltara a rapaza, a violara e lle roubara o seu móbil, ao tempo que a golpeaba.
Tras consumarse a agresión sexual, a menor denunciou os feitos nunha comisaría dos Mossos que localizaron o rapaz e detivérono pouco despois.
Dada a súa idade o menor non pode ser imputado, pero os feitos xa están en coñecemento da Fiscalía de Menores.
Posto en liberdade e entregado á súa familia., están agora á espera de que actúe a Fiscalía.
Os feitos sucederon nun aparcamento da Rambla Nova de Tarragona, no centro da cidade, nun momento en que quedaron sós a vítima e o agresor que inicialmente ían cun grupo de amigos.