Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen en Pontevedra un fuxitivo reclamado polos Estados Unidos por pornografía infantil

Deteñen en Pontevedra un fuxitivo reclamado polos Estados Unidos por pornografía infantil

Segundo a Policía Nacional, facía "vida normal" e trataba de pasar "desapercibido"

Podería ser condenado ata un máximo de 140 anos de cárcere

G24.gal 07/11/2025 16:13

Axentes da Policía Nacional detiveron en Pontevedra a un home que estaba reclamado polos Estados Unidos acusado de pornografía infantil.

O fuxitivo, que tiña vixente unha orde de detención e ingreso en prisión, está acusado de tres delitos de distribución e un de posesión deste tipo de material.

Por todos eles, podería ser condenado ata un máximo de 140 anos de cárcere.

O operativo policial en España iniciouse despois de que a Policía Nacional pescudase que, tras fuxir dos Estados Unidos, esta persoa podería esconderse no noso país.

Os investigadores, en colaboración coas autoridades estadounidenses, lograron situar ao fuxitivo nunha zona do interior da provincia de Pontevedra.

Alí, segundo explica a Policía Nacional, facía "vida normal" e trataba de pasar "desapercibido".

Unha vez localizado, o dispositivo de vixilancia despregado arredor da vivenda culminou co arresto deste home, que foi trasladado á Audiencia Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade