Publicador de contidos

Publicador de contidos

Brutal malleira a un indixente en Xixón gravada por dous mozos de Lalín detidos

Brutal malleira a un indixente en Xixón gravada por dous mozos de Lalín detidos

A investigación da Garda Civil e da Policía Nacional comezou pola alarma social despois da difusión das imaxes nas redes sociais

Impútanlles un delito de lesións e de odio. Quedaron libres con cargos tras declarar ante o xuíz.

Deteñen dous mozos de Lalín por patear un indixente e alardear nas redes sociais
G24.gal 04/12/2022 09:56 Última actualización 04/12/2022 18:54

As forzas de seguridade detiveron o venres dous veciños de Lalín, un nesta localidade e o outro en Xixón, como supostos autores dun delito de lesións e de odio contra un indixente. Teñen 21 e 27 anos.

Propináronlle patadas a unha persoa sen teito que durmía nun portal e ademais as imaxes recollen como lle rouban o saco en que dorme o home, e xáctanse da acción.

A Garda Civil de Lalín e a Policía Nacional de Xixón colaboraron para localizar os supostos autores da malleira.

Están acusados de gravar e difundir polas redes sociais unha agresión ao home sen mediar palabra nun soportal da cidade asturiana. A difusión do vídeo xerou unha notable alarma social en Asturias.

Os dous detidos quedaron libres con cargos tras declarar ante o xuíz. Impútanlles un delito de lesións e outro de odio.

Ademais, as mesmas fontes confirmaron que os dous acusados desta agresión teñen antecedentes xudiciais por delitos semellantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade