Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen catro persoas polo roubo de cobre que paralizou Rodalies nas eleccións catalás

Deteñen catro persoas polo roubo de cobre que paralizou Rodalies nas eleccións catalás

Os detidos son tres homes e unha muller, multirreincidentes, con antecedentes policiais por feitos similares

Os investigadores descartan a sabotaxe como motivación do roubo do cobre

EFE 24/05/2024 16:30

 Os Mossos d'Esquadra desarticularon un grupo de ladróns de cobre vinculado ao roubo deste material no sistema ferroviario de Rodalies, o que conduciu á paralización do servizo de trens de proximidade o pasado 12 de maio, día das eleccións catalás, e detivo a catro persoas.

Segundo informan este venres os Mossos d'Esquadra, os catro detidos estarían relacionados presuntamente con seis subtraccións de cobre, tanto as que se cometeron o día dos comicios na liña ferroviaria Barcelona-Montcada como con outros roubos cometidos entre os días 1 e 22 de maio.

Entre os catro detidos figura o propietario dunha empresa de xestión de residuos, acusado dun delito de receptación, quen se negou ata en dúas ocasións a que os Mossos realizasen as inspeccións do local pertinentes, tal como establece a normativa vixente e o cal xa foi sancionado por incumprimento da lei.

O roubo de cobre no tramo Barcelona-Montcada de Rodalies o día das eleccións catalás deixou sen servizo as liñas de Renfe, provocando un grande impacto na mobilidade ferroviaria, que quedou paralizada e con graves afectacións mesmo os días posteriores.

Os detidos son tres homes e unha muller, todos eles multirreincidentes, que acumulan unha vintena de antecedentes policiais por feitos similares e aos que se lles atribúe ata seis subtraccións de cobre nas catenarias das liñas ferroviarias da provincia de Barcelona, e que hoxe pasaron a disposición xudicial.

Ao empresario detido, propietario dunha empresa xestora de residuos, vincúlaselle con este grupo criminal, xa que presuntamente actuaba en conivencia cos outros tres arrestados á hora de recibir o material de cobre roubado.

Os Mossos d'Esquadra investigan a estas catro persoas por seis feitos delituosos.

Durante a investigación, os Mossos descartaron que se tratase sabotaxes e centraron as súas pescudas nun grupo criminal especializado en roubos de cable de cobre con múltiples antecedentes.

Os detidos distribuíanse os roles para actuar, de maneira que un home de 52 anos e unha muller de 24 encargábanse de cometer os furtos, mentres que un terceiro, de 26, realizaba funcións executivas, era o titular dos vehículos investigados e encargábase das negociacións de receptación.

Os arrestados movíanse nunha furgoneta e un vehículo, nos que cargaban o cobre roubado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade