Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen o suposto autor do incendio dun café-club de Rusia que deixa 15 mortos

Deteñen o suposto autor do incendio dun café-club de Rusia que deixa 15 mortos

Sucedeu na cidade rusa e Kostroma, a 340 quilómetros ao nordés de Moscova

Houbo tempo para evacuar do local unhas 250 persoas, cinco delas con síntomas de asfixia

As lapas puideron comezar cun lanzador de fogos artificiais ou cunha pistola de bengalas

Os bombeiros de Kostroma (Rusia) intentan sufocar as lapas Os bombeiros de Kostroma (Rusia) intentan sufocar as lapas
G24.gal 05/11/2022 12:27

A policía da cidade rusa de Kostroma informou da detención do suposto autor do incendio que lles causou a morte a 15 persoas.

O incendio do café-club Polygon, de acordo coas primeiras informacións, podería ser causado polo uso dun lanzador de fogos artificiais ou unha pistola de bengalas.

Un total de 250 persoas puideron ser evacuadas, cinco delas con síntomas de asfixia, aínda que a súa hospitalización non foi necesaria, segundo o gobernador da rexión de Kostroma, Sergei Sitnikov.

Antes do incendio, houbo unha liorta multitudinaria entre os clientes do café, pero este incidente, conforme a policía non tivo nada que ver co incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade