Cargando resultados...
Deteñen un home en Cangas por atracar un supermercado armado cun coitelo
Segundo a acusación contra el, entrou no local, ameazou co coitelo a caixeira e levou os cartos da recadación

G24.gal
09/06/2023 13:13
A Garda Civil detivo un home en Cangas acusado de atracar un supermercado armado cun coitelo.
O presunto asaltante é un varón de 22 anos nado en Bulgaria e con antecedentes penais. Segundo denunciou a caixeira do establecemento, accedeu ao local e ameazou co coitelo para despois pedir os cartos da recadación. Fuxiu co diñeiro e tirou a arma branca nun colector de aceite, ás portas do supermercado.
A Garda Civil localizouno pouco despois e procedeu á súa detención. Está acusado dun presunto delito de roubo con violencia e intimidación.