Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detectados outros 9 casos de hepatite infantil severa en Dinamarca, Irlanda e Países Baixos

Detectados outros 9 casos de hepatite infantil severa en Dinamarca, Irlanda e Países Baixos

En Madrid hai ingresados tres nenos que proceden de tres comunidades diferentes e un deles precisou dun transplante

Os nenos españois teñen idades comprendidas entre os 2 e os 7 anos

As investigacións británicas descartan calquera relación coa vacina contra a covid e tamén as hepatites virais tipos A, B, C, D e E 

G24.gal 19/04/2022 14:47

O Centro Europeo de Prevención de Enfermidades confirmou hoxe outros nove casos de hepatite infantil severa en Dinamarca, Irlanda e Países Baixos. De momento segue sen coñecerse a orixe desta enfermidade que provoca unha inflamación grave do fígado nos menores de dez anos.

Hai tamén tres casos rexistrados en España, nove nos Estados Unidos e 74 no Reino Unido, onde os expertos cren que esta hepatite aguda severa pode deberse a unha causa infecciosa ou a unha intoxicación tóxica.

"O equipo de investigación do Reino Unido, onde se produciron a maioría dos casos ata a data, considera que un axente infeccioso é a causa máis probable, en función das características clínicas e epidemiolóxicas dos casos", indicou o ECDC nun comunicado.

Este organismo de referencia para epidemias da Unión Europea (UE) destacou que as investigacións británicas descartaron calquera relación dos casos coa vacina contra o covid-19 e que non se identificou ningunha exposición común a alimentos ou bebidas.

Na maioría dos casos non se rexistrou febre, algúns requiren coidados en unidades hepáticas e algúns precisan dun transplante de fígado.

As investigacións excluíron as hepatites virais tipos A, B, C, D e E en todos os casos.

Nos tres casos que xa se detectaron en España, a autoridades sanitarias de Madrid informaron o pasado día 13 de abril que un dos tres casos detectados precisou dun transplante de fígado, e que todos evolucionan favorablemente.

Os nenos teñen idades comprendidas entre os 2 e os 7 anos e proceden de tres comunidades diferentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar