Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detectado un novo positivo no Obradoiro e dous no Breogán

Detectado un novo positivo no Obradoiro e dous no Breogán

O xogador, do que non se desvelou o nome, permanece “illado no seu domicilio, seguindo o protocolo sanitario”

En total hai oito xogadores do Breogán afectados

G24.gal 28/01/2022 11:20

O Monbus Obradoiro informou este venres de que detectou un caso positivo de coronavirus no seu equipo despois de realizar unha proba PCR a todo o cadro.

O xogador, do que non se desvelou o nome, permanece “illado no seu domicilio seguindo o protocolo sanitario”, informou o club santiagués a través dun comunicado de prensa. O resto dos xogadores realizaron novas probas PCR e están á espera dos resultados.

Como consecuencia, o Obradoiro cancelou a rolda de prensa do técnico Moncho Fernández, prevista para este mediodía ás 11.30 horas no Multiusos Fontes do Sar.

Tamén hai dous xogadores máis do Breogán, en total son oito os afectados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos