Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detectado un cidadán sirio copiando nun exame de conducir en Ourense

Detectado un cidadán sirio copiando nun exame de conducir en Ourense

A Garda Civil investiga se hai unha rede organizada para a obtención do permiso conducir de xeito fraudulento

Cámara e auriculares detectados Cámara e auriculares detectados
G24.gal 19/04/2023 12:18

Un cidadán de nacionalidade siria foi detectado copiando cando estaba realizando o exame da proba teórica para a obtención do permiso de conducir.

O aspirante, que habitualmente reside en Málaga, levaba unha cámara agochada entre a roupa e un auricular no oído dereito polo que recibía, presuntamente, as respostas correctas ás preguntas filmadas pola cámara.

Cuarto caso

O seu xeito de proceder é idéntico a outros tres anteriores, identificados o pasado 10 de xaneiro e o 17 de febreiro. Trátase, pois, xa do cuarto caso no que vai de ano que se rexistra na cidade. Os anteriores eran cidadáns paquistanís. A Garda Civil e a propia DXT investigan se hai unha rede organizada tras estes casos que se repiten polo territorio español. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade