Cargando resultados...
Deteñen en Ourense o suposto responsable de lesións a cans con cebos con alfinetes
Durante os seus anos de actividade mesmo morreu un animal

G24.gal
07/11/2021 10:43
Detido en Ourense o presunto autor dos cebos con alfinetes que levan anos torturando os cans da cidade, ocasionándolles dolorosas feridas e incluso a morte, cando menos, a un animal.
É un home duns cincuenta anos, veciño da cidade. Os axentes collérono na allada, tras meses de seguimento. Identificárono a través das cámaras de seguridade instaladas nas zonas onde actuaba, en parques e xardíns en toda a cidade, e tamén pola súa actividade nas redes sociais, onde exhibía o seu odio aos cans.
Enfróntase a penas de ata un ano e medio de prisión.