Desviados varios voos en Alvedro por mor da néboa
A "meteoroloxía adversa" provocou desvíos e cancelacións na terminal coruñesa a primeira hora deste lunes
Arquivo
O aeroporto de Alvedro, na Coruña, rexistrou este luns varios desvíos de voos e cancelacións por "meteoroloxía adversa", segundo confirmaron desde Aena. Unha mesta néboa cubríu a primeira hora da mañá as inmediacións da terminal provocando anulacións e desvíos nos enlaces.
Foi o caso dun voo de Vueling que cobre a ruta Barcelona-A Coruña. Tívose que desviar a Santiago. O de regreso fíxose con saída desde a capital galega.
Outro enlace de Air Europa entre Madrid e A Coruña foi desviado a Madrid e o seu voo asociado cancelouse.
Tamén houbo incidencias cun voo de Iberia entre Madrid e A Coruña. Foi desviado a Santiago e o seu voo asociado cancelado.
