Cargando resultados...
Segunda xornada de folga de controladores aéreos para pedir máis persoal
Os aeroportos de Vigo e A Coruña operaron "con normalidade" e sen incidencias nas últimas horas
Os servizos mínimos mitigan o impacto desta folga, que son do cento por cento
G24.gal
18/04/2026 14:33
Última actualización 18/04/2026 14:48
Continúa a folga de controladores aéreos que comezou este venres en nove aeroportos españois, incluídos os de Alvedro e Peinador.
Os aeroportos de Vigo e A Coruña operaron "con normalidade" e sen incidencias nas últimas horas.
Os servizos mínimos mitigan o impacto desta folga, que son do cento por cento.
Piden que a empresa que xestiona estas torres contrate máis persoal porque din que o servizo queda moitos días en precario.