Desenvolven un método para diagnosticar diferentes cancros en menos de tres horas
Usa moléculas ARNt de transferencia como biomarcadores para facer un rápido e precoz diagnóstico
O seu baixo custo pode extendelo aos controis rutinarios da poboación
É un logro do equipo científico do Centro de Regulación Xenómica de Barcelona
Imos agora cun esperanzador avance científico no eido oncolóxico. Investigadores de Barcelona logran desenvolver un novo método para diagnosticar diferentes tipos de cancro en menos de tres horas. A idea é que esta nova ferramenta forme parte das análises rutineiras da poboación.
Diagnosticar un cancro en menos de tres horas e cun custo inferior aos 50 euros por mostra. Isto é o que acaban de conseguir científicos do Centro de Regulación Xenómica de Barcelona, unha nova ferramenta que permite usar moléculas ARNt de transferencia como biomarcadores para facer un rápido e precoz diagnóstico.
Cando estas moléculas ARNs de transferencia se modifican de xeito incorrecto, producen proteínas defectuosas ou incompletas, o que se asocia a diversas doenzas incluídas as neurodexenerativas, as metabólicas e tamén o cancro.
Un avance prometedor para diagnosticar e prognosticar enfermidades cunha proba nada invasiva e que pode derivar finalmente en cribados rutineiros para a poboación.
Este método baseado na secuenciación de nanoporos para capturar a información destas moléculas foi desenvolvido polo grupo de investigación do Centro de Regulación Xenómica de Barcelona con financiamento da Asociación Española contra o Cancro.